VOLVERLLES A PALABRA

Posted by franciscocastro - 23/01/07 at 02:01 p.m.

Onte recibín un exemplar do libro Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, no que contribuín cun poema que titulei Walt Whitman falando con Celso Emilio. Bukowski, de cando en vez, opina. E Lorca aboia sobre os tres e sobre nós. No volume participamos unha morea de autor@s e artistas plásticos convocados polos coordenadores, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Baldo Ramos. O libro vén de ser editado pola Consellería de Cultura en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.A voz dos creadores galegos contra da brutalidade e a senrazón ( que sempre volve, que nunca se va, que sempre está aí… esperando. Que ninguén o esqueza ).

Os comentarios están pechados.