Archive for Xaneiro, 2007

O XOVES PRESENTACIÓN DE SPAM EN CANGAS

31st Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O XOVES PRESENTACIÓN DE SPAM EN CANGAS

Este xoves 1 de Febreiro de 2007, ás 20.30 horas, estarei na Librería Maraxe de Cangas para presentar Spam. Terei a sorte de estar abeirado por Carlos Lema, director editorial de Galaxia, e o crítico literario Heitor Mera. Será un pracer podervos ver por alí, e poñerlle cara, así, a moitos lectores deste meu blog.

ROSALÍA UNIVERSAL

30th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en ROSALÍA UNIVERSAL

Shozo Nakinishi é un banqueiro xaponés que, segundo propia confesión, namorou de Rosalía hai máis de dez anos. Agora vén de traducila ao xaponés. Todo poeta aspira a ser universal. E iso conséguese cando outro alguén do futuro, doutras latitudes, é capaz de sentir grazas ao que outros antes, noutros mundos, escribiron. Dígoo así porque […]

POIS QUE O GOBERNO O PIDA

29th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en POIS QUE O GOBERNO O PIDA

A semana pasada ficamos moi abraiados ao coñecer que o gaélico, que non falan nin 200.000 persoas viña de ser recoñecido como idioma oficial diante da Unión Europea, mentres que o galego ( case que dous millóns )non. Hoxe, o abraio é aínda máis grande ao ler, en palabras de Leonard Orban, Responsable Europeo de […]

A VIDA SEXUAL DE SUSANNA ( UNIVERSO LERCHO )

26th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en A VIDA SEXUAL DE SUSANNA ( UNIVERSO LERCHO )

Estes días andivemos moi alterados por aquí falando da literatura–rosa. Sen embargo, na literatura, digamos, supostamente seria, tamén se dá o lercheo. E non pouco. E iso é malo. Por exemplo, hai un mes, empezouse a falar sen parar, incluso en revistas mundialmente coñecidas como Vanity Fear ( que foi quen sacou o asunto ) […]

QUE NOXO DE INFORMACIÓN CULTURAL

25th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE NOXO DE INFORMACIÓN CULTURAL

Os amables lectores deste blog, saben que nunca actualizo os xoves. Pero non podo resistilo. Hoxe, moi de mañá, ía pola autoestrada. Como son un tipo culto vou oíndo unha emisora de radio. As noticias. Hai que estar no mundo. Desconexión local. Noticias de Vigo. Que ben. Da miña cidade. Fálanme do PXOM. Fálanme da […]

UN BOSQUE CHEO DE FAIAS EN ALCORCÓN

24th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN BOSQUE CHEO DE FAIAS EN ALCORCÓN

Onte acodín a un colexio a falar con alumnos de segundo e cuarto da ESO que tiveron que ler o meu libro Un Bosque Cheo de Faias. A obra escribina no verán do 2003. Fala da xenofobia e dos neonazis e da xente que entende que a maneira que hai de estar no mundo é […]

VOLVERLLES A PALABRA

23rd Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en VOLVERLLES A PALABRA

Onte recibín un exemplar do libro Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, no que contribuín cun poema que titulei Walt Whitman falando con Celso Emilio. Bukowski, de cando en vez, opina. E Lorca aboia sobre os tres e sobre nós. No volume participamos unha morea de autor@s e artistas plásticos convocados polos coordenadores, […]

AS MÁSCARAS DE CRONOS

19th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS MÁSCARAS DE CRONOS

Teño que recomendarvos un libro que rematei aínda onte. O seu título é As Máscaras de Cronos, de Ramón Caride Ogando, en Xerais. Trátase dun volume que recolle o seu traballo poético desde 1995 ata hoxe. A Ramón Caride xa o coñeciamos, e moi ben, como poeta e narrador, pero é nesta última faceta polo […]

O LIBRO DE ANA MARÍA RÍOS ( léase en clave de retranca )

17th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en O LIBRO DE ANA MARÍA RÍOS ( léase en clave de retranca )

Ana María Ríos, a muller máis famosa de Galicia, probablemente por enriba de Rosalía de Castro, saca un libro. Non era sen tempo. Moito me tardaba. O seu título é “Voda, cárcere e fama”. Entre outras cousas conta como foi o asunto do posado para o Interviú. Que nervios, non me pasa o tempo para […]

FALANDO DE XERACIÓN PERDIDA, PRESENTANDO SPAM EN CANGAS E RECITANDO POEMAS NO ENSANCHE

16th Xaneiro 2007 by franciscocastro Comentarios desactivados en FALANDO DE XERACIÓN PERDIDA, PRESENTANDO SPAM EN CANGAS E RECITANDO POEMAS NO ENSANCHE

Ese título tan longo para contarvos moitas cousas. A primeira. Pasei a mañá na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo grazas á profesora Camiño Noia quen me convidou a falar cos alumnos de terceiro e quinto que veñen de ler a miña novela Xeración Perdida. Foi moi agradable e alí falouse de todo: da […]