GALEG@S TÚZAROS EN CULTURA

Posted by franciscocastro - 27/12/06 at 06:12 a.m.

O sangue do mundo
Neste blog, e noutros, somos especialmente prosmas falando da nosa cultura, do noso sistema literario, de promocionar a lectura, de promover o consumo cultural galego e toma e tumba e veña e dálle.
Para que.
A realidade di outra cousa.
A realidade pasa de nós.
A realidade non quere saber nada de nós.
Vense de publicar o Anuario de Estatísticas Culturais que cada ano elabora o Ministerio de Cultura.
Galicia atópase moi por debaixo da media do resto do Estado. Esa media está en 242.7 euros ao ano e por persoa en gasto cultural, mentres que os galegos só meten en cultura uns 168 euros ao ano, é dicir, uns 14 euros ao mes.
¿Como vai manterse unha industria cultural así?
A reflexión coido que pode ser interesante nestes días nos que andamos, en pleno Nadal, onde, de media ( deixádeme ter o día matemático ), cada galego gastará 821 euros.
Aí, no consumismo, si que somos unha potencia.
Deixémonos de andrómenas: temos moi claro o que nos interesa.
( Opina sobre este artigo e non esquezas participar no noso Xogo de Nadal )

Os comentarios están pechados.