¿E TI QUE PERSONAXE ES? ( XOGO DE NADAL)

Posted by franciscocastro - 26/12/06 at 06:12 a.m.

Moby Dick, personaxe de MelvillePropóñovos un xogo para estes días de Nadal.
Ti, de ser un personaxe da literatura, ¿cal serías e por que? Mergúllate na Memoria Literaria e dime que personaxe es e por que ese en concreto. Teñen que ser personaxes literarios.
Porque, ¿quen non foi algunha vez Hamlet con todas as súas dúbidas, ou Peter Pan negándose a medrar, ou Gregor Samsa sentíndose un becho repugante ou…?
Hoxe, quizais porque estou nunha etapa teimuda da miña vida, síntome coma o Capitán Ahab, á procura, desesperada, de Moby Dick.
Animádevos a xogar en Nadal.

Os comentarios están pechados.