HIMNOS, FLAMENCOS. MELLOR: ANDRÉS DO BARRO

Posted by franciscocastro - 22/12/06 at 02:12 p.m.

Vin a interpretación aflamencada do Himno Galego que ten á presidenta do Parlamento e aos do Bloque rifando e chamándose de todo.
Pareceume sublime. Sentida. Ben cantada. Emocionante.
Pareceume inoportuna. Absurda. Impropia. Alucinante.
Non era o lugar.
En calquera outro contexto, quizais si. Jimmy Hendrix fíxoo en Woodstock co dos Estados Unidos.
O que queda agora é unha rifa monumental e á transmisión ao resto do Estado de que os galegos, cando non están a discutir sobre fusos horarios bérranse sobre asuntos flamencos.
Eu prefiro lembrar, xa que de música falamos, que tal día coma hoxe, hai 16 anos, morreu Andrés do Barro. Que cantou en galego en épocas tristeiras.
¿A que espera a Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas?

Os comentarios están pechados.