UN SÍNTOMA DE NORMALIDADE

Posted by franciscocastro - 20/12/06 at 02:12 p.m.

Reflexionamos moito sobre a saúde do noso sistema literario. O feito de que o fagamos tanto e dunha maneira tan insistente xa deixa claro a anormalidade da situación.
Sen embargo, hai que recoñecer que, nos últimos tempos, hai un aspecto no que si que temos progresado moitísimo. Refírome á publicación, nalgúns casos incluso antes que en castelán, dos máis importantes escritores mundiais da actualidade.
Velaí o caso de Martin Amis, agora editado por Galaxia. Ou o traballo, á inversa ( evidente nome para unha colección ) desenvolvido por unha editorial como Rinoceronte que, ademais de especializarse en traduccións ao galego, agora verque ao castelán os clásicos de Nós.
Non sempre van ser todo queixas.
( Este post nun momento coma este, no que estou a gozar coma un tolo do Brooklin Follies de Paul Auster en galego )

Os comentarios están pechados.