¿E TI A QUE AUTORES VOLVES?

Posted by franciscocastro - 15/12/06 at 02:12 p.m.

Jorge Luís BorgesPolo xeral, cando leo un libro, gárdoo, e moi de cando en tarde volvo a el. De feito, a meirande parte dos libros que lin e leo na miña vida, sei que non volverei collelos na man, agás para quitarlles o pó.
Mais todos os lectores temos un ou dous escritores aos que non podemos evitar volver unha e outra vez.
Para min son Borges e Celso Emilio Ferreiro. Na narrativa e na poesía, respectivamente.
Agora, a pregunta de fin de semana: ¿cales son os autores aos que ti volves e volves e volves nun eterno retorno eternamente retornado?

Os comentarios están pechados.