NA CASA DE VICTOR HUGO CON BERNARDINO E ROSALÍA

Posted by franciscocastro - 11/12/06 at 11:12 a.m.

Eu na Casa de Víctor Hugo
Pasei a ponte, ademais de na lúa, en Euskadi.
Entre outros sitios, visitamos Pasaxes de San Xoán, un fermosísimo pobo no que viviu durante un tempo Víctor Hugo.
En Agosto emocioneime pensando no seu eivado, cando fun a París. O outro día, imaxineino, naquela habitación na que entrei, escribindo páxinas marabillosas que habían quedar para sempre na historia da literatura.
Na Casa de Víctor Hugo, na segunda planta, ademais tiñan unha exposición sobre a Pesca en Terranova. Para a miña ledicia, ilustraban varios paneis con versos sobre o mar do grandísimo Bernardino Graña e de Rosalía de Castro.
Toda esa gloria, gloriosa, no día en que un dictador, perfectamente esquecible, pasa ao olvido.
Lembrarei sempre a Víctor Hugo. A Rosalía. E a Bernardino, mestre de quen aprendemos cousas todos os días.
De Pin8, nada de nada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

19 ResponsesNA CASA DE VICTOR HUGO CON BERNARDINO E ROSALÍA to “”

  1. Larvós says:
    Decembro 11th, 2006 at 11:21 a.m.

    Ben, pois eu de Pin8 lembrareime de varias cousas.
    Primeiro.Que, antes de morrer, tivo que ver como era tratado polo mundo como o que foi: un asasino.
    Segundo. Que, antes de morrer, tivo que ver como se descubrían as súas contas secretas. É dicir, que ía pasar á historia como o que foi: un ladrón.
    Terceiro. Que antes de morrer, tivo que ver como na TV chilena, os do CQC oriúndo, satirizaban como se facía#blgtk08# o “malito” para que non xulgasen. E dicir, que tivo que ver como se descubría o que foi: cruel, pero no fondo un cobarde.

    Xa sei que moita xente achará pobre este consolo… pero non é asi. Hai que ter en conta que estes tipos son, ante todo, ególatras. E algo así fodeos, fodeos moitísimo. Moito máis que a un ser humano normal.

    PD: ¿no scatergoris aceptaríades Pinochet como “ser humano”?

  2. X says:
    Decembro 11th, 2006 at 12:28 p.m.

    Larvós, a verdade é que conseguiu que #blgtk08#pasase parte da miña rabia, grazas :)

  3. náufrago says:
    Decembro 11th, 2006 at 3:37 p.m.

    A mesma rabia sentímola todos, é certo. Como xa dixen por aí, gustaríame ter crenzas relixiosas, e acreditar no inferno porque é o#blgtk08# sitio perfecto para el. Como dixo Carlos Fuentes: «hoy es un mal día para el diablo, porque un general va a disputarle el puesto»

  4. Xancín says:
    Decembro 11th, 2006 at 4:19 p.m.

    Pois si, eu quedo coa poesía e desexo que desta ponte quedes coas paisaxes vascas (espero que tamén coa gastronomía, xa que é un#blgtk08#ha das miñas afeccións). Oxalá que o dictador sexa esquecido como merece, sen embargo os tiranos son dificilmente esquecibles.

  5. náufrago says:
    Decembro 11th, 2006 at 4:51 p.m.

    E máis un tan sanguinario e hipócrita coma este. Pero o paso do tempo fará o seu traballo. Pola co#blgtk08#ntra, por exemplo, o versos de Neruda ou as cancións de Víctor Jara sobrevivirán o paso do tempo.

  6. Rafael says:
    Decembro 11th, 2006 at 4:53 p.m.

    Coñezo Pasaxes de San Xoán e Chile.
    As maravillas de ambolos-dous non se miden por os personaxes que os habitaron ou os habitan, senon por eles mismos. Lembrome de cruzar en barquiña pagando unas pesetas ao barqueiro de Pasaxes e lembrome da emoción que sentin en Chile,#blgtk08# na sua natureza de alerces, volcans e lagos e falando con torturados por o régimen de Pinochet. Una pasaxe pode ser larga e estreita como e a de Pasaxes de San Xoán, e un pais tamben, coma e Chile.
    Afortunadamente, chegou a pasaxe de quen fixo tanto dano inesquencibel.

  7. Turkil says:
    Decembro 11th, 2006 at 5:47 p.m.

    Pois eu acordareime, sobre todo de quen protexe e alenta dende a máis pro#blgtk08#funda hipocresía «demócrata» a os exterminadores dos soños de igualdade.

  8. náufrago says:
    Decembro 11th, 2006 at 6:03 p.m.

    O triste, Rafael, é que a «pasaxe» de Pinochet fose sen render contas á xustiza. E como moi ben di Turkil, o triste é que un#blgtk08# asasino coma Pinochet atopase acubillo en países demócratas, como, no seu día, na Inglaterra de Blair que o deixou escapar.

  9. bouzafria says:
    Decembro 11th, 2006 at 6:30 p.m.

    ¿Ser humano? Para min non, eu definiríano como ser vivo de caracteríticas físicas semellantes aos seres humanos, pero sen ter chegado ao nivel cerebral de humanidade que o fagan merecedor dese título.
    E por certo, qu#blgtk08#e triste que o anterior goberno de España abeirara ao dictador chileno na súa estadía obrigada no Reino Unido, poñéndolle trabas ( fiscais Cardenal e Fungairiño incluídos ) ao xuíz español que tentaba que se fixera xustiza.

  10. náufrago says:
    Decembro 11th, 2006 at 6:57 p.m.

    En efecto, poderiamos dicir que alguèn que actuou como o fixo, non era nin sequea humano#blgtk08#. Mais coido que si: somos unha especie curiosa, capaz de fabricar Pinochets e Nerudas.

  11. Cay says:
    Decembro 12th, 2006 at 1:07 a.m.

    Ou son omi parvo ou vos sodes moi trasnochados e en ves de queixarvos onde devedes buscades calquera parecido razonable para mexar nel. ESto parece unha páxina sobre Victor Hugo unha perxonae realista a mais non poder que na actualida, polo menos para min, é de difícil lectura polo seu exceso de descriptibilidade, e todos#blgtk08# cagades nela orque alguien firma como Pin8, o que calquera creo eu medianamente mentalmente sano interpretaria como Pinocho e non Pinoceht que é o que interpreta todo o mundo maioritariamente. En definitva que ou eu estou moi tolo ou manda carallo pa onde imos, que ajén pise o freno porque menuda ostia.

  12. Ra says:
    Decembro 12th, 2006 at 11:23 a.m.

    Buen puente y buenos recuerdos.
    Tengo que decir q#blgtk08#ue el nuevo look de su blog deja muy buen sabor de boca.

  13. náufrago says:
    Decembro 12th, 2006 at 11:41 a.m.

    Moitas gr#blgtk08#azas Ra.

  14. Ledicia says:
    Decembro 12th, 2006 at 12:48 p.m.

    Hai cousas que non se poden nin deben esquecer. Non esquezamos a Víctor Hugo, nin a Rosalía, nin as viaxes a Euskadi ni#blgtk08#n aos ditadores. Tod@s forman parte dunha realidade e da historia. Quizais somos un pouco máis libres desde o domingo.

  15. náufrago says:
    Decembro 12th, 2006 at 1:33 p.m.

    Desde logo, Ledicia. Pero a liberdade de verdade virá cando as institucións lles recoñezan ás vi#blgtk08#timas os seus dereitos e se lles faga xustiza, independentemente de que o dictador xa non estea.

  16. Bea Camiña says:
    Decembro 12th, 2006 at 6:21 p.m.

    Yo lamento que la parte “humana” de Pinochet, si me permitís expresarme así sobre alguien que carecía de humanidad, se fuera sin otro castigo que la vergüenza publica. No#blgtk08# creo que personajes como el sean capaces de sentirla. De cualquier modo me parece un suave castigo.

  17. náufrago says:
    Decembro 12th, 2006 at 6:59 p.m.

    Si. Iso é o máis alucinante. Igual morreu se#blgtk08#n sentirse mal nin un só minuto da súa vida.

  18. r.r. says:
    Decembro 14th, 2006 at 11:08 a.m.

    Unha mágoa non telo sabido antes -o da súa viaxe-, teríalle recomendado un restaurante en Pasaia, o Blas de Lez#blgtk08#o, no que hai anos comín tan ben que aínda ás veces soño con aquel cogote de merluza con salsa de txangurro…

  19. náufrago says:
    Decembro 14th, 2006 at 11:41 a.m.

    En calquera caso, grazas. Ese día fomos comer a San Xoán de Luz, no País Vasco Francés. Non lembro o no#blgtk08#me, pero si sabería chegar cos ollos pechos, tal foi o pracer que sentiu o meu estómago e a miña alma.