O GREMIO DOS LUNÁTICOS

Posted by franciscocastro - 05/12/06 at 02:12 p.m.

Nun libro de mitoloxía, leo que nos tempos antigos a cada planeta asignábaselle unha virtude e unha tendencia.
Segundo iso, o planeta propio dos escritores é a Lúa, responsable da imaxinación.
Os escritores somos, xa que logo, unha panda de lunáticos. Aluados. Das dúas maneiras pode dicise en galego.
Sobre isto só podo dicir dúas cousas: que os lunáticos téñenme feito pasar intres marabillosos; e que estou encantado de formar parte do gremio dos aluados.
( Esta reflexión xusto no día en que a NASA anuncia que para o 2029 quere ter a Lúa colonizada )

Os comentarios están pechados.