Archive for Decembro, 2006

GALEG@S TÚZAROS EN CULTURA

27th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALEG@S TÚZAROS EN CULTURA

Neste blog, e noutros, somos especialmente prosmas falando da nosa cultura, do noso sistema literario, de promocionar a lectura, de promover o consumo cultural galego e toma e tumba e veña e dálle. Para que. A realidade di outra cousa. A realidade pasa de nós. A realidade non quere saber nada de nós. Vense de […]

¿E TI QUE PERSONAXE ES? ( XOGO DE NADAL)

26th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E TI QUE PERSONAXE ES? ( XOGO DE NADAL)

Propóñovos un xogo para estes días de Nadal. Ti, de ser un personaxe da literatura, ¿cal serías e por que? Mergúllate na Memoria Literaria e dime que personaxe es e por que ese en concreto. Teñen que ser personaxes literarios. Porque, ¿quen non foi algunha vez Hamlet con todas as súas dúbidas, ou Peter Pan […]

HIMNOS, FLAMENCOS. MELLOR: ANDRÉS DO BARRO

22nd Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en HIMNOS, FLAMENCOS. MELLOR: ANDRÉS DO BARRO

Vin a interpretación aflamencada do Himno Galego que ten á presidenta do Parlamento e aos do Bloque rifando e chamándose de todo. Pareceume sublime. Sentida. Ben cantada. Emocionante. Pareceume inoportuna. Absurda. Impropia. Alucinante. Non era o lugar. En calquera outro contexto, quizais si. Jimmy Hendrix fíxoo en Woodstock co dos Estados Unidos. O que queda […]

UN SÍNTOMA DE NORMALIDADE

20th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN SÍNTOMA DE NORMALIDADE

Reflexionamos moito sobre a saúde do noso sistema literario. O feito de que o fagamos tanto e dunha maneira tan insistente xa deixa claro a anormalidade da situación. Sen embargo, hai que recoñecer que, nos últimos tempos, hai un aspecto no que si que temos progresado moitísimo. Refírome á publicación, nalgúns casos incluso antes que […]

FRANCO: ACADÉMICO DA GALEGA

19th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en FRANCO: ACADÉMICO DA GALEGA

Remata o Ano da Memoria. E fixéronse moitas cousas algunhas delas moi interesantes. Sen embargo, remata o ano e Franciso Franco, por incrible que vos pareza, segue a ser membro ( honorario, ou non numerario ou algo así, pero está ), da Real Academia Galega. ¿Alguén pode dar unha explicación lóxica de como isto é […]

¿E TI A QUE AUTORES VOLVES?

15th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en ¿E TI A QUE AUTORES VOLVES?

Polo xeral, cando leo un libro, gárdoo, e moi de cando en tarde volvo a el. De feito, a meirande parte dos libros que lin e leo na miña vida, sei que non volverei collelos na man, agás para quitarlles o pó. Mais todos os lectores temos un ou dous escritores aos que non podemos […]

SUSO DE TORO E ALATRISTE

13th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en SUSO DE TORO E ALATRISTE

Levei unha grande alegría onte cando tiven noticia de que, por primeira vez na historia da literatura galega, ía emitirse por televisión un anuncio dunha novela en galego, concretamente de Home Sen Nome de Suso de Toro. Un anuncio na tele e en Nadal… Pinta bonito. Pensei: que gran nova, así se verá a literatura […]

CAPITÁN TRUENO

12th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en CAPITÁN TRUENO

Leo agora que volven editarse as historias do Capitán Trueno. Leo iso e de súpeto véxome a min mesmo lendo na cama, con sete anos ou así, os tebeos ( daquela aínda non cómics nin banda deseñada , tapando a lámpada coa parte de enriba do pixama para que meu irmán puidese durmir. É innegable […]

NA CASA DE VICTOR HUGO CON BERNARDINO E ROSALÍA

11th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en NA CASA DE VICTOR HUGO CON BERNARDINO E ROSALÍA

Pasei a ponte, ademais de na lúa, en Euskadi. Entre outros sitios, visitamos Pasaxes de San Xoán, un fermosísimo pobo no que viviu durante un tempo Víctor Hugo. En Agosto emocioneime pensando no seu eivado, cando fun a París. O outro día, imaxineino, naquela habitación na que entrei, escribindo páxinas marabillosas que habían quedar para […]

O GREMIO DOS LUNÁTICOS

5th Decembro 2006 by franciscocastro Comentarios desactivados en O GREMIO DOS LUNÁTICOS

Nun libro de mitoloxía, leo que nos tempos antigos a cada planeta asignábaselle unha virtude e unha tendencia. Segundo iso, o planeta propio dos escritores é a Lúa, responsable da imaxinación. Os escritores somos, xa que logo, unha panda de lunáticos. Aluados. Das dúas maneiras pode dicise en galego. Sobre isto só podo dicir dúas […]