¿QUEN DIXO QUE ESCRIBIR NON DÁ CARTOS?

Posted by franciscocastro - 28/11/06 at 02:11 p.m.

Hillary Clinton: escritora e supervendas.
Hillary Clinton vén de publicar as súas memorias.
Hai uns días andaba eu todo cheíño por ter esgotado a primeira edición de Un Bosque Cheo de Faias, e que xa empezasen a tirar a segunda, cando vou e leo que a Hillary vendeu nun só día 200.000 exemplares.
Record de vendas dun libro de non-ficción.
Eu non venderei iso na vida.
Preguntábame: ¿que pode mover a tanta xente a mercar con tal ansiedade un libro?, ¿a súa altura literaria?, ¿os poemas inéditos da autora? Non.
A xente quería saber que tiña que dicir a Clinton sobre Mónica Lewinski.
En calquera caso, non estará sorprendida pola boa acollida.
No seu día, ao seu home, Bill, déronlle de adianto por un libro dez millóns de dólares.
Eu non cobrarei iso na vida.
Igualiño, igualiño, que na literatura galega.
Para que logo digan que non se gañan cartos escribindo.

Os comentarios están pechados.